🐔🎭 ESPECTÁCULO DE MONICREQUES "A PITA XEFA" 🐔🎭

O mércores 10 de xullo achégase ata Viana "A PITA XEFA".


Unha adaptación ao teatro de monicreques da obra autoría de Marta Lado, quen conseguiu o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola igualdade (ano 2021).


A "Pita Xefa" narra a historia dunha pequena pita que soña con facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!


A actuación, que terá lugar na Casa da Cultura, forma parte do programa “Ler Conta Moito” da Xunta de Galicia, para a dinamización de Bibliotecas.