DÍA DO ORGULLO LGTBI
Con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI (28 de xuño), o Concello de Viana do Bolo a través do Centro de Información á Muller (CIM) organiza unha serie de actividades:
- O obradoiro " Diversidade sexual na adolescencia" impartido pola autora galega Eli Ríos e dirixido a parte do alumnado do IES Carlos Casares. A autora tratará de poñer en cuestión os estereotipos de xénero tradicionais e facer que a rapazada reflexione sobre temas como a diversidade sexual, o consentimento nas relacións de parella, o amor e a liberdade de amar, a aceptación dun/ha mesmo/a e dos demais...
- A representación teatral "Elisa e Marcela" narra a historia do primeiro matrimonio formado por dúas persoas do mesmo sexo. Dúas mulleres galegas que desafiaron os tabús e prexuizos da época para convertirse en matrimonio.
Esperamos a vosa participación!!