⚠️❗️ AVISO NIVEL DE ALERTA LARANXA POR FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS ⚠️❗️
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 71/71GAL emitido ás 11:34 hora oficial do día 09/08/2024, dun fenómeno meteorolóxico adverso por TEMPERATURAS MÁXIMAS de nivel LARANXA (risco importante) que se iniciará ó mediodia do sábado 10 de agosto e que afectará aos ámbitos xeográficos de MIÑO, SUR e VALDEORRAS de OURENSE podendo alcanzarse os 40oC. Prevese que remita coa chegada da noite.
Ademáis, este sábado desde o mediodía e ata a noite, estarán en nivel AMARELO por temperatura máximas todas ás áreas xeográficas do resto da provincia de OURENSE, toda a provincia de PONTEVEDRA, o Interior e Suroeste da CORUÑA e as zonas Sur e Montaña de LUGO.