Comeza o curso escolar e con el ... as Escolas Musicais Municipais!!
1. CLASES MUSICAIS OFERTADAS:
Linguaxe musical - Solfeo
Guitarra
Piano
Percusión
Gaita
Acordeón
2. PERÍODO DAS ACTIVIDADES
De outubro de 2024 a xuño de 2025.
3. CUSTO (ata o Nadal):
8 €/ mes por unha actividade
12 €/mes por dúas actividades (salvo solfeo)
4 €/mes por unha actividade no caso de familia numerosa
6 €/mes por dúas actividades no caso de familia numerosa (salvo solfeo)
4. PRAZAS E INSCRICIÓNS
- As prazas ofertadas son LIMITADAS:
- Terán prioridade á hora de adxudicar as prazas as persoas inscritas no curso pasado 2023- 2024.
- O resto das prazas cubriranse por orde de presentación.
- No caso de que o número de solicitudes superen o número de prazas ofertadas/dispoñibles, elaborarase unha lista de agarda por orde de presentación.
- Documentación a presentar para formalizar a inscrición:
1. Solicitude de inscrición
2. Orde de domiciliación SEPA (só no caso de novas inscricións ou de inscricións de anos anteriores con cambios no nº de conta con respecto ao pasado ano)
- Ambos documentos podes descargalos aquí ou recollelos no CIM.
- O prazo de inscrición é do 11 ao 19 de setembro (ámbolos 2 días incluídos).