ACTIVIDADES INFANTÍS DE VERÁN 2019

Comezan as vacacións dos/as cativos/as e con elas chegan as Actividades Infantís de Verán!! 

Como novidade, este ano as Actividades Infantís de Verán (que constan de Ludoteca e Campamento Urbano) terán unha maior duración no tempo dando cobertura a meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto. 

As actividades terán como obxectivo a diversión e o ocio dos/as participantes, pero tamén a educación e a transmisión de valores importantes como a igualdade, o respecto ao medio ambiente, o traballo en equipo, o compañeirismo, etc. 

Haberá xogos ao aire libre, visitas á piscina, xincanas, festas temáticas, deportes, manualidades, excursións, etc.

O prazo de inscrición para as actividades está aberto dende o xoves 19 de xuño!

Anótate no CIM do Concello de Viana do Bolo !!