Dende o 4 de novembro ata o 4 de decembro estará dispoñible na Casa da Cultura de Viana do Bolo unha valiosa selección fotográfica da Axencia EFE que nos leva a esa realidade histórica da emigración, galega e española.
Trátase dunha síntese de corenta imaxes sacadas coa mirada profesional e humana dos fotoperiodistas da época.
Durante a mostra, as persoas que o desexen poderán levar alimento que serán doados cando finalice o periodo de exposición.
Esta é unha exposición itinerante en colaboración con Afundación Obra Social ABANCA.