O Día 15 de outubro foi elixido por Nacións Unidas para recoñecer e valorar o incansable labor no plano Internacional das mulleres no ámbito rural. A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) reafirma por iso o seu compromiso coa promoción da igualdade e o recoñecemento á dedicación e traballo realizado polas mulleres rurais. Empoderar ás mulleres rurais é un ingrediente fundamental na loita pola igualdade. A pesar dos avances, continúan vixente os roles e estereotipos de xénero que relegan ademais ás mulleres rurais ao ámbito doméstico e familiar.
Dende o Concello de Viana do Bolo sumámonos a esta Declaración, recoñecendo e visibilizando o papel crucial que as mulleres do rural xogan na nosa sociedade.
