Segundo resolución da Presidencia do INORDE pola que se comunica os interesados e se publica na web do INORDE a resolución do concurso público para a concesión de subvencións para a financiación de accións de promoción de produtos propios de Ourense durante o ano 2024, na que se recolle a concesión a este Concello de Viana do Bolo pola celebración do ENTROIDO 2024, LII FESTA DA ANDROIA, por un importe de 12.000,00€.
En cumprimento da base décimo terceira da orde de convocatoria faise publicidade de dita concesión a través da páxina web deste Concello.