Segundo resolución de adxudicación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, concédese a este Concello unha axuda de 6.000,00€, para a realización do Proxecto Arquivístico “Arquiveir@ para o Concello de Viana do Bolo”.