🟣 A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou, no ano 2000, o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
.
🟣 O obxectivo foi o de sensibilizar a toda a sociedade respecto da violencia que sofren as mulleres como manifestación da desigualdade estrutural entre mulleres e homes, e fomentar a toma de conciencia sobre a gravidade deste delito en todo o mundo.
.
🟣 Dende o Concello de Viana do Bolo sumámonos á Declaración Institucional redactada pola FEMP e mostramos o noso compromiso na loita contra a violencia contra as mulleres.
.