PROGRAMA DE MOCIDADE "VIANA CREANDO"

O Concello de Viana do Bolo pon en marcha durante o mes de xullo o programa "VIANA CREANDO".
Trátase dun programa dirixido á mocidade (mozos/as de entre 14 e 30 anos), cuxo obxectivo e fomentar a expresión artística e a creatividade dos/as participantes e ofertar actividades de ocio alternativas e saudables nesta franxa de idade durante a época estival.
O programa está formado por tres obradoiros independentes (cinema, graffiti e deseño gráfico) que requiren inscrición previa.
Xa podes anotarte e/ou informarte no Concello de Viana do Bolo: 988 329 260