Durante as datas de Nadal o Concello de Viana do Bolo tratou de fomentar a decoración e ornamentación dos establecementos comerciais e negocios do noso municipio a través do Concurso Escaparates de Nadal 2024- 2025.
O concurso foi recentemente resolto por un Xurado independente formado por tres persoas con habilidades artísticas e creativas, que determinou que os establecementos gañadores son:
1º Premio: Jorge Álvarez Estilista
2º Premio: Armería Reclamo
Dende o Concello de Viana do Bolo damos as grazas a todas as persoas que participaron no Concurso e a nosa noraboa aos gañadores!!
A continuación podes consultar a Acta do Fallo do Xurado.


