Hoxe ás 13:00 horas diante do Concello terá lugar unha concentración e minuto de silencio en repulsa do asasinato machista de Josefa (veciña de O Bolo).
 
Dende o Concello de Viana do Bolo e o CIM lamentamos e condenamos este crime e mostramos a nosa solidariedade e apoio á familia, amig@s, veciñ@s e coñecid@s da muller asasinada.
 
Dende que comezaron a elaborarse as estadísticas de violencia de xénero en 2023, o número de mulleres asasinadas é de 1.301.
 
Detrás destas arrepiantes cifras están as vidas truncadas de 1.301 mulleres e as das súas familias.
 
É responsabilidade de todos e todas rematar coa lacra da violencia machista que, como desgraciadamente puidemos constatar onte, está máis preto de nós do que cremos.
 
Se es vítima de violencia machista, DENUNCIA...
 
Se es testigo de violencia machista DENUNCIA...
 
Combater a violencia contra as mulleres é tarefa de TODOS/AS!!