PROGRAMACIÓN DE VERÁN 2019

Presentación de actividades para este Verán 2019 en Viana do Bolo: 

Actividades lúdicas, culturais, festivas e deportivas para tódolos públicos e para tódalas idades. 

Actividades  de conciliación como a Ludoteca e o Campamento de Verán.

Actividades deportivas coma o Maratón de Fútbol Sala e  o Programa "Móvete Viana" que inclúe clases de tenis, padel, kaiak e paddle board ... (para tódalas idades) 

Actividades en colaboración coas diversas Asociación culturais vianesas (teatro, actuacións musicais, romaría de época...)

Mención especial para as actividades festivas que terán lugar durante as Festas Patronais, entre as que se inclúen a V edición do festival musical Xostra de Viana, a Festa dos anos 80, as Xornadas de Folclore e moita música e actividades para tódolos veciños e veciñas de Viana. 

Torneo de bolos, Bibliopiscina, Desfile de moda, etc. tamén son actividades que forman parte desta completa e variada programación para pasar un verán inesquecible. 

PARA GOZAR EN VIANA E DE VIANA!