"AS NOSAS LETRAS" ESPECTÁCULO DO MAGO TETO

O xoves 22 de agosto ás 16:30 horas temos unha cita co "noso" Mago Teto, que trae ata Viana o seu espectáculo "As nosas letras".
Neste espectáculo o mago Teto rende unha homenaxe á cultura, á tradición e as costumes galegas a partir da literatura escrita en galego.
A actividade está enmarcada dentro do Programa "Ler Conta Moito" para a dinamización da Biblioteca Municipal.