Festas e feiras

Para activar a navegación con son seleccione o texto.

Todas as parroquias de Viana do Bolo celebran as súas festas patronais, entre as que destacan o San Roque, Patrono de Viana, a Romaría do Pai Eterno, en maio, e a Romaría de San Antón.

Todos os días 13 e 28 de cada mes celébrase a típica feira en Viana do Bolo, cun popular mercadillo con gando e produtos agrícolas para a súa venda e, por suposto, numerosos pulpeiros.

O "Domingo Gordo" do Entroido de Viana do Bolo celébrase a chamada Festa da Androlla, unha comida multitudinaria que ten lugar no interior do pavillón polideportivo e nos seus arredores, que acolle a máis de 3.000 comensais. O menú comeza cun caldo con croutóns, seguido dos cachelos (patacas cocidas) con grelos, lacón, chourizo e androlla. O menú remata coa bica de Viana (unha especie de biscoito) e a tradicional “queimada”.

A finais do mes de agosto celébrase o xantar da "Festa de Época" para lembrar a vida na vila nos primeiros anos do século XX.

.
Para activar a navegación con son seleccione o texto.