A Torre de Viana

Na Idade Media construíuse o castelo de Viana do Bolo, que gozaba de foros e goberno propios. Del consérvase a Torre da homenaxe, de base cadrada e 32,7 metros de altitude, levantada arredor do ano 800 para a defensa contra os árabes e destruída na defensa da vila. En 1180 o rei Fernando II chegou a Viana do Bolo, que estaba deshabitada, e ordenou a reconstrución da torre e a repoboación da vila. A torre pertenceu en primeira instancia a Fernando Osorio de Castro, pasando despois a Pedro Enríquez. Foi reconstruída no século XV tras sucesivos conflitos, e Filipe II converteuna en cabeza de marquesado a favor de Pedro Pimentel, fillo do conde de Benavente. Durante as guerras carlistas do s. XIX foi de novo escenario de duros enfrontamentos. Foi declarada Monumento Histórico-Artístico o 22 de abril de 1949.

A torre de Viana “es de las mayores de este Reino (de Galicia), así en fábrica como en altura (...). Tiene unha grande cerca y contramuralla, foso y contrafoso, y de ella se bajaba por escalera de bóveda debajo de la tierra a sacar agua al río Bibei. Tenía en su fuerte en restrillo como todos los demás fuertes del Reino, muy semejante en todo a la de Ponferrada, por tener tres cercas, y los señores antiguos de ella la habitaron hasta los últimos tiempos del Rey don Felipe II el Prudente, porque además de la fortaleza y vivienda antigua hicieron cuartos y galerías en su contorno, de mucha costa y consideración, y después vivían en ella sus alcaldes, escribanos y mayordomos, que para todos había aposento".

Fernández de Boán
Década de 1640

O reloxo da torre foi instalado no ano 1889. 

 
“Á esquerda levántase o cume triangular e inzado de breixos do Monte Bernabé, e por fin albíscase Viana do Bolo, branca sobre unha lomba costenta, ao pé dunha torre cadrada e alta agora usada como prisión, sobre o lugar onde conflúen os ríos Bibei e Támega (sic)*”
 
Aubrey F.G. Bell
Galicia vista por un inglés; Spanish Galicia (na súa versión orixinal)
Londres, 1922

*O río que conflúye co Bibei é o Camba.