Novas

Un ano máis o Concello de Viana do Bolo, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o CIM, conmemora o Día Internacional das Mulleres (8 de Marzo).

As actividades propostas están pensadas sempre para implicar a toda a veciñanza para acadar unha igualdade real. Iremos ampliando a información das as actividades nos vindeiros días, a través dos perfís de Facebook e Instagram do Cim Viana. 

Esperamos a túa participación!! 

Ver máis

Pola presente publícase o Fallo do Xurado do Concurso de Disfraces 2023.
Noraboa a todos e todas os/as premiados/as e grazas ao resto de participantes.
 
A partires da vindeira semana, as persoas premiadas poden achegarse ás Oficinas Municipais para tramitar o cobro.

Premer en "VER MÁIS" para acceder á acta e ao resto de información. 

Ver máis

A 51 Edición da FESTA DA ANDROLLA celebrarase o próximo 19 de febreiro no Pavillón de Viana do Bolo.

As entradas estarán á venda nas Oficinas de Servizos Sociais a partir do día 1 de febreiro polo importe de 20€.

Ver máis

 ENTROIDO 2023
 
 
Herdanza, cultura, tradición, identidade……paixón!!!!
 
En terras de Viana do Bolo, tempos de Entroido!!!
 
Na nosa vila, nas nosas aldeas, xa se sinte o ancestral son das esquilas e dos bombos..  no ar respírase sentimento, cor… chegou o Entroido,  e este ano, con máis forza que nunca!!! Tras anos de pandemia, de restricións, Viana volve celebralo por todo o alto , Boteiros, folións, carrozas, comparsas e a festa gastronómica máis tradicional , a  Festa da Androlla!!!
 
Todo isto ofréceo Viana dende o día 4 ao día 22 de febreiro!!!!
 
Aos veciños e veciñas desexámoslles que desfruten dun Entroido cheo de diversión e alegría e que a nosa festa máis ancestral sexa lazo de unión e orgullo para todos e todas!!!
 
O Alcalde
Andrés Montesinos Rodríguez
 






Ver máis