Pola presente publícase o Fallo do Xurado do Concurso de Disfraces 2023.
Noraboa a todos e todas os/as premiados/as e grazas ao resto de participantes.
A partires da vindeira semana, as persoas premiadas poden achegarse ás Oficinas Municipais para tramitar o cobro.
Premer en "VER MÁIS" para acceder á acta e ao resto de información.
O Concello de Viana do Bolo informa da visita da Unidade Móbil ITV de turismos e vehículos agrícolas durante o mes de marzo.
Premer en "Ver máis" para acceder a toda a información
UN ESTROIDO PARA DISFRUTAR!!!!
A 51 Edición da FESTA DA ANDROLLA celebrarase o próximo 19 de febreiro no Pavillón de Viana do Bolo.
As entradas estarán á venda nas Oficinas de Servizos Sociais a partir do día 1 de febreiro polo importe de 20€.
02 de febreiro VIANA DO BOLO: 12:30 h. na Casa de Cultura.
ENTROIDO 2023
Herdanza, cultura, tradición, identidade……paixón!!!!
En terras de Viana do Bolo, tempos de Entroido!!!
Na nosa vila, nas nosas aldeas, xa se sinte o ancestral son das esquilas e dos bombos.. no ar respírase sentimento, cor… chegou o Entroido, e este ano, con máis forza que nunca!!! Tras anos de pandemia, de restricións, Viana volve celebralo por todo o alto , Boteiros, folións, carrozas, comparsas e a festa gastronómica máis tradicional , a Festa da Androlla!!!
Todo isto ofréceo Viana dende o día 4 ao día 22 de febreiro!!!!
Aos veciños e veciñas desexámoslles que desfruten dun Entroido cheo de diversión e alegría e que a nosa festa máis ancestral sexa lazo de unión e orgullo para todos e todas!!!
O Alcalde
Andrés Montesinos Rodríguez
Apertura controlada na presa de Pías a partir de hoxe ás 15:00 horas, con aumento moderado do caudal.
Premer en "VER MÁIS" para acceder a toda a información.