Durante os días de Entroido, ademais dos nosos fulións e comparsas, tamén soará polas rúas de Viana música da boa.
Charangas, grupos musicais, discomóbil, etc. para gozar destos días de troula e diversión.
Non o podedes perder!!
Viva Viana e o seu Entroido!
CON MOTIVO DAS VINDEIRAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA, EXPOÑENSE AO PÚBLICO AS LISTAS DO CENSO ELECTORAL A EFECTOS DE EXAMEN E RECLAMACIÓNS DURANTE OS DÍAS 17 E 24, ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS
Con motivo do asasinato machista cometido o pasado venres nas Gándaras, na provincia de Lugo, este Concello convoca unha concentración de un minuto de silencio na Casa do Concello, ás 12:00 horas, en apoio á todas as vítimas da violencia machista.
Con motivo da celebración do Entroido 2020, o Concello de Viana do Bolo convoca un ano máis o Concurso de Disfraces.
Consulta as Bases abrindo esta "Nova"
Data límite para anotarse: Martes 25 de febreiro ás 14:00h nas Oficinas do Concello, ou ante a organización do evento, ata o momento antes do desfile.
Con motivo da celebración do Entroido 2020, o Concello de Viana do Bolo convoca un ano máis o Concurso de Carrozas.
Consulta as Bases abrindo esta "Nova"
Data límite para anotarse: Xoves 20 de febreiro ás 14:00h
Tradición, festa, diversión, gastronomía,...
Actos para todos dende o 13 ao 26 de febreiro
Ademais, este ano coa celebración da 50 Festa da Androlla contamos con moitos actos e eventos para conmemorar tan sinalada data.
Acude, que non cho conten
Para vivir un entroido tradicional, participativo, colorista, con fulións, con boteiros, con androlla...
VEN A VIANA DO BOLO!!
O Concello de Viana do Bolo pon a disposición dos/as veciños/as que o desexen un autobús para asistir ao Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Xantar 2020