Novas

Pola presente dase publicidade á Resolución Provisional de Admitidos e Excluídos para a selección de 4 Peóns Forestais para a realización de actuacións dentro do Servizo Municipal para Tarefas de Biomasa e outras de Valorización Forestal (APROL RURAL).
 
O prazo de subsanación de solicitudes é de dous días hábiles.

Ver máis

Ante a actual situación provocada pola Covid 19 dende Concello de Viana do Bolo e o Centro de Información á Muller (CIM) debemos levar a cabo medidas e políticas de intervención que permitan paliar na medida do posible os efectos negativos desta pandemia no que a conciliación se refire. Por iso propoñemos unha serie de cambios e modificacións nos programas de conciliación para este verán 2020.
Como novidade, este ano as Actividades Infantís de Verán terán unha maior duración no tempo (4 semanas) e un horario máis extenso (4 horas diarias) para dar cobertura a meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto.

O prazo de inscrición para as actividades está aberto dende o vindeiro luns 29 de xuño ata o xoves 2 de xullo

Ver máis

Pola presente dase publicidade á convocatoria e selección de 4 Peóns Forestais para a realización de actuacións dentro do Servizo Municipal para Tarefas de Biomasa e outras de Valorización Forestal (APROL RURAL).
 
O prazo de presentación de instancias estará aberto os días 25 e 26 de xuño. Prema en "Ver máis" para descargar os Criterios de Valoración e os Modelos de presentación de solicitudes.

Ver máis

Pola presente dase publicidade á Resolución Definitiva de Admitidos e Excluídos no procedemento de selección de varias prazas de persoal laboral, ao abeiro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a Entidade local menor de Berán en materia de Empregabilidade 2020. 
 
Prema en "Ver mais" para descargar o Decreto 2020-0378.

Ver máis

Videoacta do Pleno Extraordinario celebrado o pasado martes, 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, debido ás circunstancias excepcionais e de forza maior causadas pola COVID-19.
Prema en "Ver mais" para acceder á Orde do Día e á Videoacta. Tamén podes atopala na canle de youtube do Concello de Viana do Bolo.

Ver máis

Pola presente dase publicidade á Resolución de aspirantes admitidos e excluídos no procedemento de selección de varias prazas de persoal laboral, ao abeiro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a Entidade local menor de Berán en materia de Empregabilidade 2020.
 
O prazo de subsanación de solicitudes é de 2 días hábiles, a contar a partires de hoxe, 16 de xuño.
 
A composición do Tribunal da Selección é a que se detalla a continuación:

  • Presidenta: Clara Ortega Fernández – Secretaria-Interventora da Corporación.
  • Secretaria: Mª Asunción Ávila García – Auxiliar Administrativa
  • Vogal: María Dolores Barba Seoane – Axente de Desenvolvemento Local.
  • Vogal: Bernardino Rodríguez Fernández – Condutor.
 
Prema en "Ver máis" para descargar a Resolución da Alcaldía.

Ver máis