Publicada no Perfil do Contratante do Concello de Viana do Bolo a convocatoria de licitación das obras de "Mellora e mantemento de camiños de acceso a fincas en Caldesiños e Seoane", cofinanciadas co Plan Marco de Mellora de Camiños municipais 2020-2021, cun Orzamento Base de Licitación de 60.445,55 (IVE incluído).
As ofertas poderán presentarse por medios electrónicos a través da ferramenta de licitación SILEX da Xunta de Galicia, até o vindeiro 29 de xullo ás 14:00 horas.