Novas

“Tabú” é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.Narración oral de Carmen Conde e Música en vivo de Nastasia Zücher.  

Ver máis

Con motivo da conmemoración do "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER", o 8 de marzo, o Centro de Información á Muller e o Concello de Viana do Bolo organizan unha serie de actividades co obxectivo de concienciar e sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de promover e acadar a igualdade real.
Temos preparadas moitas actividades e moi variadas actividades coma: cinema, documentais, obradoiros, teatro, música, roteiros, literatura...
Comezamos un mes cheo de actos para público de tódalas idades
Estades todos/as convidados/as a participar!!
P.D: Agradecemos a Manuela H.S. alumna do IES Carlos Casares por deseñar o logo do cartel deste ano.

Ver máis