BANDO INFORMATIVO
En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de confirmar a tendencia á baixa no número de casos no noso Concello, baixando a un total de 4 positivos.
Porén, é necesario manter as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar ao máximo as reunións familiares e sociais, que, lembremos, están restrinxidas a 6 persoas, salvo convivintes.
Finalmente, dende o Concello de Viana do Bolo lamentamos o falecemento, esta pasada fin de semana, dunha residente da Residencia de Maiores da Terceira Idade, e desexamos trasladar as condolencias desta Corporación ós seus familiares e amigos, así coma manifestar o noso profundo pésame nesta difícil situación.
O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo a 23 de novembro de 2020.