PLAN DE ACCIÓN POLO CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE

O Concello de Viana do Bolo vén de culminar o proceso de redación e elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable, a fin de dar cumprimento ós compromisos adquiridos como Concello firmante do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).  O Plan recolle un Inventario de Emisións de CO2, un Plan de Acción de Mitigación con 18 medidas para afrontar os efectos e riscos do cambio climático, e un Plan de Acción de Adaptación con 12 medidas que aspiran acadar unha redución das emisións do 40,94%.
O PACES será sometido á aprobación do Pleno da Corporación o vindeiro xoves, día 26 de novembro.
 
A redación deste Plan é posible grazas ó apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do programa Xacobeo 2021, ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER , a fin de dar cumprimento ó obxetivo "Frear o cambio climático".

Descargas