BANDO DE ALCALDÍA


Abelardo Carballo Alonso, Alcalde-Presidente deste Concello, FAGO SABER:


Que está previsto que próximamente quede vacante o cargo de Xuíz de Paz Sustituto deste Concello. Corresponde ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas Xuíz de Paz, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz.


Que se abre un prazo de 15 días hábiles, contados dende o 18 de marzo ao 12 de abril, ámbolos dous incluídos, para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía. As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais da Corporación onde poderán ser presentadas dentro do prazo establecido. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [https://vianadobolo.sedelectronica.gal/info.0] e na páxina web www.vianadobolo.gal. Na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc.


Que en caso de non presentarse solicitudes, o Pleno da Corporación elixirá libremente, de acordo co previsto no artigo 101.1 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e o artigo 4 e 6 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia do partido.


O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo, a 17 de marzo de 2020.

Descargas