BANDO INFORMATIVO


Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas así como da poboación en xeral, que esta Alcaldía, ven de ditar a seguinte Resolución, en relación coa celebración das feiras dos días 13 e 28, así como da Festa dos 80 e do Mercadillo do día 14 do presente mes de Agosto.


Ante a información sobre a situación actual do Covid19 no noso Concello, e non podendo garantir as condicións mínimas de distancia e de seguridade necesarias en relación ao aforo en espazos públicos, e co fin de evitar que a actividade económica municipal se vexa abocada a unhas medidas máis restritivas, sobre todo no sector hostaleiro, esta Alcaldía


ACORDA:

Declarar que a celebración das feiras e mercados no Concello de Viana do Bolo para os vindeiros días 13 e 28 de Agosto, queda suspendida ate novo aviso, en tanto non se poden garantir as condicións de seguridade, distanciamento entre postos, aforo, etc. recomendadas polas autoridades sanitarias competentes.

Así mesmo quedan suspendidos os eventos programados ao aire libre “Festa dos 80” e “Mercadillo”.

 

Descargas