O Concello de Viana do Bolo presenta o programa de actividades e actos para celebrar este Nadal 2021- 2022.

Unha programación ampla e variada para o goce de persoas de todas as idades e gustos: música, cinema, inchables, festas infantís e moita tradición para un Nadal moi participativo e que esperamos sexa do agrado de todas e todos!! 

Recalcamos tamén que todas e cada unha das actividades programadas levaranse a cabo cunha exquisita minuciosidade en relación ás recomendacións sanitarias vixentes no momento de realizalas.

Agardando que disfrutedes destas festas con ledicia, corazón e con responsabilidade. 
 
Dende o Concello desexámosvos unhas Felices Festas e Bo Nadal!!