O CONCELLO DE VIANA DO BOLO ADHERIUSE Á DECLARACIÓN INSTITUCIONAL NO CONSELLO DA XUNTA NA QUE SE CONDEA Á AGRESIÓN INXUSTIFICADA DE RUSIA A UCRAÍNA. EXPRESAMOS O NOSO PROFUNDO PESAR POLAS PERSOAS INOCENTES ASASINADAS E ÁS MILES DE FAMILIAS DESTROZADAS NO POBO UCRAÍNO.

DENDE O CONCELLO DE VIANA DO BOLO, EN COLABORACIÓN CON CÁRITAS PARROQUIAL, INICIAMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS, MATERIAL SANITARIO E COMIDA, NECESARIOS PARA AXUDAR Á POBOACIÓN CIVIL DE UCRAÍNA.

DITA CAMPAÑA INÍCIASE A PARTIR DO DÍA 9 DE MARZO E ESTABLÉCESE COMO LUGAR DE RECOLLIDA O CONCELLO VELLO (PRAZA CABO DA VILA) EN HORARIO DE 17:00 A 19:00 HORAS.

AGRADECEMOS DE ANTEMÁN A AXUDA E A SOLIDARIDADE AMOSADA POLOS VIANESES E VIANESAS ANTE UNHA GUERRA QUE ATENTA CONTRA OS PILARES DO DEREITO E DA LIBERDADE.

ANÉXANSE AS RECOMENDACIÓNS REMITIDAS POLO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE PARA CANALIZAR A AXUDA AO POBO UCRAÍNO.

 

Descargas