En aplicación da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, lémbrase a veciños e veciñas a obriga de manter limpas as fincas antes do 31 de xullo, nas seguintes condicións:

Xestión de maleza e de certas árbores (piñeiros, eucaliptos e acacias) nunha franxa de 50 metros ao redor:

  • de solo urbano, núcleo rural e urbanizable
  • de edificacións de calquera tipo (vivendas, galpóns, ...)
  • de infraestructuras de uso público e áreas recreativas.

Asemade a lei 7/2012 de montes de Galicia, establece as seguintes distancias mínimas para árbores respecto das pistas e vías municipais:

  • 2 metros dende o borde para frondosas
  • 4 metros dende o borde para maleza e resto de especies (piñeiros, eucaliptos e acacias).

O que se fai público para xeral coñecemento

Viana do Bolo 11 de xullo de 2022

Descargas