De conformidade coa Ordenanza municipal de Regulación do Estacionamento na Vila de Viana do Bolo, recórdaselles a todos os veciños e visitantes os a prohibición de aparcar nas seguintes rúas e horarios na tempada estival dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto e que están debidamente sinalizadas: Praza Maior, e Rúa das Mazairas e Rúa Ceferino Armesto.

... Dende as 18:00 horas ás 00:00 horas, así como das 00:00 horas ás 08:00 horas todos os días da semana.

Teñen a súa disposición a uns 250m, aproximadamente, aparcamento no patio do Colexio Bibei e tamén na planta baixa da Estación de Autobuses.

Agradecemos a colaboración de todos no seu cumprimento.

 

Descargas