Lémbrase a todos os veciños a obriga de ter legalizados os pozos artesáns de abastecemento de auga, para o que deberán cumprir cos requisitos esixidos na normativa de aplicación a través da Confederacion Hidrográfica del Miño-Sil.
Todos os pozos que non se legalicen ou estean abandonados, os propietarios teñen a obriga de cegalos e/ou sinalizar claramente a súa presenza, sendo responsables dos danos que se puideran ocasionar ante posibles accidentes de nenos ou calquera persoa que transite polos campos, tal e como está pasando ultimamente.
Para os que se descoñeza os propietarios, solicitamos a colaboración dos Alcaldes de Barrio, para que, de coñecer a súa existencia, os sinalicen debidamente.
Con esta advertencia, quedan informados todos os veciños e visitantes que gusten de facer rutas de sendeirismo, para que tomen as debidas precaucións ante a posibilidade de toparse con eles.