Dase por rematado o episodio Meteorolóxico Adverso NIVEL LARANZA por TEMPERATURAS MÁXIMAS pasando a nivel AMARELO.
Para hoxe, mércores 9 de agosto, este fenómeno en nivel AMARELO afectará nas horas centrais do día ata as últimas horas da tarde, ás zonas de MONTAÑA, CENTRO E SUR de Lugo, e SUR, MIÑO e VALDEORRAS en Ourense, podendo acadar temperaturas de ata 38oC.
