
A galería de madeira acristalada de estilo neogótico situada no andar residencial desta casa de finais do século XIX é, xunto con dous brasóns, o elemento máis singular. O escudo da esquerda pertence aos Gaioso, ovalado, con tres faixas cargadas cada unha dunha troita e unha bandexa na punta, timbrado con helmo e penacho; o outro, situado á dereita loce un castelo sobre ondas, rodeado dunha cadea, brochante sobre parte baixa cerrando a porta de entrada, sumado dun saleiro no que pican dúas águias afrontadas que pousan as súas patas sobre ameas, armas dos Salgado.