
Casa grande levantada entre medianeiras con planta en forma de escuadra. Protexida por unha cuberta a tres augas, conta con dúas galerías de madeira orientadas ao Leste, a máis destacada, a que descansa sobre unha columna de granito de orde toscana e sección cónica. Esta organízase nun total de nove rúas de idéntico deseño divididas por columnas entregas de fuste entorchado. Cada unha destas rúas loce un peitoril calado decorado con rombos e espellos e unha cara tallada no seu centro; sobre el, unha xanela de guillotina de catro corpos e, na coroación, un lucernario rectangular con deseños xeométricos e naturistas.
¡Serras ! ¡Terras soias ó sol!... O sol baixa de cara, coma un pai, á frol da braña; Polo Couto... polas vagoadas i os cousos da Seara... pola Serra do Rebolo i o Carreiro do Sono vai Xosé de Parada cara Viana do Bolo e Valdeorras, sobindo e baixando costas... nun sono de idas e voltas...
Uxío Novoneira
Os Eidos Terras outas e soias do Courel (1952-1954)
