Con motivo da conmemoración do "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER", o 8 de marzo, o Centro de Información á Muller e o Concello de Viana do Bolo organizan unha serie de actividades co obxectivo de concienciar e sensibilizar á veciñanza sobre a importancia de promover e acadar a igualdade real.
Temos preparadas moitas actividades e moi variadas actividades coma: cinema, documentais, obradoiros, teatro, música, roteiros, literatura...
Comezamos un mes cheo de actos para público de tódalas idades
Estades todos/as convidados/as a participar!!
P.D: Agradecemos a Manuela H.S. alumna do IES Carlos Casares por deseñar o logo do cartel deste ano.
Pola presente publícase o Fallo dos Xurados dos Concursos de Disfraces e Carrozas 2020, noraboa a tódolos premiados e grazas ós participantes!
A partires da vindeira semana, os premiados poden achegarse ás Oficinas Municipais para tramitar o cobro do premio. Deberá achegarse fotocopia do DNI e Certificado da conta bancaria.
Un ano máis o Luns de Entroido queda reservado para os/as máis pequenos/as da casa.
A xornada dará comezo ás 16:30h dende a Rotonda do Boteiro de onde saíra o Fulión Infantil, que percorrerá as rúas de Viana ata rematar na Praza Maior.
Unha vez na Praza os xogos, bailes, música e animación farán desta unha tarde moi especial.
Ao remate haberá chocolatada para todos/as.
Recordade levar disfraz!!
Hoxe, Día de Comadres, dan comezo os días "grandes" do noso Entrudio. Un ano máis a Concello de Viana do Bolo e o CIM abogan por unhas festas nas o respecto e o bo trato sexan os protagonistas!!
VIVAN AS COMADRES!!!
Durante os días de Entroido, ademais dos nosos fulións e comparsas, tamén soará polas rúas de Viana música da boa.
Charangas, grupos musicais, discomóbil, etc. para gozar destos días de troula e diversión.
Non o podedes perder!!
Viva Viana e o seu Entroido!
CON MOTIVO DAS VINDEIRAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA, EXPOÑENSE AO PÚBLICO AS LISTAS DO CENSO ELECTORAL A EFECTOS DE EXAMEN E RECLAMACIÓNS DURANTE OS DÍAS 17 E 24, ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS
Con motivo do asasinato machista cometido o pasado venres nas Gándaras, na provincia de Lugo, este Concello convoca unha concentración de un minuto de silencio na Casa do Concello, ás 12:00 horas, en apoio á todas as vítimas da violencia machista.
Con motivo da celebración do Entroido 2020, o Concello de Viana do Bolo convoca un ano máis o Concurso de Disfraces.
Consulta as Bases abrindo esta "Nova"
Data límite para anotarse: Martes 25 de febreiro ás 14:00h nas Oficinas do Concello, ou ante a organización do evento, ata o momento antes do desfile.
Con motivo da celebración do Entroido 2020, o Concello de Viana do Bolo convoca un ano máis o Concurso de Carrozas.
Consulta as Bases abrindo esta "Nova"
Data límite para anotarse: Xoves 20 de febreiro ás 14:00h