Capela de San Roque

Construida no ano 1892, é unha das dúas capelas privadas que existen na vila, sen dúbida, promovida por algún dos nobres que habitaron nela. Grazas a Vicente Risco (Geografía del Reino de Galicia, 1936) sabemos que puido estar dedicada a San Roque.

Delimitada por un muro enreixado, presenta unha pequena nave de planta rectangular que remata nunha ábsida máis elevada, rematada por unha cuberta de lousa a catro augas.

De estilo barroco, a fachada, labrada en cantaría, destaca polos seus beirís voados, que sobresaen do plano da fachada por medio de composicións e motivos baseados en curvas, bólas, pináculos e contrafortes.

No seu interior destaca a presenza dun balcón privado situado no altar maior ao que se accede desde o muro norte do templo, pensado para o culto exclusivo dos seus acaudalados promotores.
 
Deixou de utilizarse aos poucos anos da celebración do Concilio Vaticano Segundo (1962-1965).

 
…vi una danza compuesta de
ocho muchachos, vestidos con trajes blancos
y grana, imitando algo al que
usaban los pajes antiguos, danza que
fue organizada para la fiesta de
San Roque, patrono de la villa (…)
De ellos recogí los siguientes: (…)
Oh, San Roque, adorado,
al viejo, al mozo, al casado,
al huérfano, al desvalido,
al tuerto, al manco, al tullido,
a todos has consolado.
Sea tu nombre alabado
que has curado a tantas gentes;
líbranos de toda peste,
salva al pueblo de Viana
que te invocamos contritos.
(…)

Nicolás Tenorio
La aldea gallega
Cádiz. 1914