
Na Rúa da Eirexa nº 1, esquina coa praza do Cabo da Vila, atopamos este brasón esquineiro, único na vila. De tipoloxía cuartelada, trae: 1º) unha cruz potenzada, que son armas dos TEIXEIRA; 2º) cinco flores de lis colocadas en aspa que puideran ser por Deza, Aldao; 3º o que parecen ser cinco cachiporras postas en pau e colocadas en faixa e 4º as troitas dos GAIOSO. Timbrado con helmo frontal empenachado, ornado de lambrequíns e outras figuras. Escudo sobre cartela soportada por dous leóns rampantes e superposta á cruz de Santiago.

Composto por:
- Ser imaxinario, mestura de animal e ser humano. Loce tronco de touro e ás de ave. Coa man dereita colle un seo de muller e coa esquerda sostén un helmo de cabaleiro sobre o que tamén pousa as súas patas.
- León tenante sexuado, que se ergue sobre as patas traseiras sustentando o escudo.
- Un ser mítico deitado, coa metade superior en forma de home e a inferior en forma de vexetal, toca un corno de caza.
- Froitas, símbolo da abundancia.
- Cinco costelas, emblema da familia Acosta. Tamén cabe a posibilidade de que sexan bastóns.
- Tres troitas colocadas en faixas horizontais, emblema dos Gaioso.
- Cinco flores de lis colocadas en forma de aspa, símbolo da familia Alvarado.
- Cruz potenzada, símbolo da familia Martínez.
- Brazo da Cruz de Santiago.
- Celada sen coroa, propia dun cabaleiro, pero mirando de fronte, como só fan os reis, príncipes, duques e arqueses.
- Penachos decorando a celada.
