Érguese na esquina entre as rúas Boa Vista e do Santo Cristo e presenta máis de 100 m2 por planta. Conta con tres fachadas, unha principal que acolle o brasón, que se fixa a unha monumental pilastra de granito que traba verticalmente o edificio, e dúas secundarias, unha delas a que sitúa unha fermosa escaleira exterior de granito.
O edificio utiliza cantaría de granito ben labrado e escuadrado nos ángulos, así como no contorno de portas e xanelas. Nos entrepanos opta por cachotaría de lousa, de inferior calidade. Destaca a porta de acceso situada baixo un arco escarzano alintelado e, sobre ela, un elegante balcón voado cuberto ao que se acceder a través dunha porta de aire. Moi cerca, tres xanelas de dous batentes superadas por trabatel, un xanelo rectangular situado sobre a lumieira.
“Ao fin iba saber quén fora aquel Tristán cuio nome levaba. Cando chegou ao final da historia, coa morte de delambos namorados, Tristán García verqueu unhas bágoas. E dende aquela deu en matinar que andando el polo mundo atopaba a unha muller chamada Isolda, e gostábanse, e facíanse noivos, e casábanse, e vivían mui felices en Viana do Bolo, de onde Tristán era natural”
Álvaro Cunqueiro
Semblanzas III (1975)