Novas

Bando da Alcaldía en relación á situación e cifras actuais da COVID-19 no noso Concello, con 1 caso positivo confirmado a día de hoxe, 11 de maio.

Tamén se recollen as actuais restriccións decretadas pola Xunta de Galicia. 

Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da Nova e descargar o Bando en formato .pdf

Ver máis

Mediante Resolución da Alcaldía nº 2021-, do 10 de maio, apróbase a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso de méritos, ao abeiro do Programa Provincial de cooperación cos concellos e a Entidad Local Menor de Berán en materia de Empregabilidade para o ano 2021.

Premer en "Ver máis" para acceder á Resolución da Alcaldía de persoas admitidas e excluídas. 

Ver máis

Videoacta do Pleno Extraordinario celebrado o pasado venres, 7 de maio, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

Prema en "Ver mais" para acceder á Orde do Día e á Videoacta da sesión. Tamén podes atopala na canle de YouTube do Concello de Viana do Bolo.

Ver máis

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este domingo 16 de maio temos unha cita co humor de "Feminíssimas".
 
Unha comida protagonizada por tres amigas, na que o feminismo, a amizade e o humor forman un trío moi especial.Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
 
Premer en "Ver máis" para acceder ao texto completo. 
 
 

Ver máis

Convocatoria dun Pleno Municipal para a sesión extraordinaria que se celebrará na Casa de Cultura do Concello de Viana do Bolo, debendo respectar as circunstancias excepcionais ocasionadas pola crise sanitaria do COVID-19, que aconsellan a celebración da sesión nun lugar que permita manter as debidas medidas de seguridade e hixiene. ás 12:00 horas do día 7 de maio de 2021. 
 
Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da Nova e descargar o Edicto en formato .pdf

Ver máis

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dende o Concello de Viana do Bolo temos preparado un amplo programa de actividades culturais para todas as idades e gustos.
 
Neste ano 2021, coincidindo co centenario da morte de Emilia Pardo Bazán (o 12 de maio) e coa homenaxe das Letras Galegas á poeta Xela Arias (5ª muller en conseguir esta distinción), a organización desta data foi levada a cabo pola Concellería de Cultura, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM).
 
Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da Nova e descargar o Bando en formato .pdf

Ver máis

Con motivo da celebración da feira, o vindeiro mércores 28 de abril, o Concello informa das normas establecidas co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de hixiene e seguridade ante a Covid-19 durante esta actividade. 

Esta Alcaldía desexa tamén informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexstrándose, a día de hoxe, un total de 0 positivos.

Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da Nova e descargar o Bando en formato .pdf

Ver máis

Que, a través do Concello, levarase a cabo a última recollida desta tempada dos plásticos de uso gandeiro, co obxectivo de preservar o noso entorno.

Os plásticos depositaranse nun lugar axeitado e limpos na medida do posible, de materia orgánica e libre de cordelas, para a súa posterior recollida por parte dos servizos municipais.

A RECOLLIDA SERÁ NO TRANSCURSO DESTA SEMANA

Ver máis

O vindeiro venres 23 de abril celébrase o Día do Libro.
Dende o Concello de Viana do Bolo queremos celebrar esta destacada data a través de dúas actividades impartidas nos centros de ocio infantil do noso concello, co obxectivo e fomentar o amor pola lectura e os libros entre a cativada vianesa. 

Para o resto da veciñanza recordamos que poden acceder á Biblioteca Pública Municipal en horario de tarde e dispoñer dos seus máis de 5.000 libros. 

Ver máis