

Valados, socalcos, camiños, casas, casetas, muíños, presas, pontes (como a medieval do Cabo de Vila), unha parte importante do patrimonio natural e cultural de Viana do Bolo foi anegado polas augas en 1960, despois da construción do encoro do Vao, no río Bibei.
En épocas de seca unha parte deste legado emerxe e pode ser contemplado, permitindo evocar a paisaxe e a vida anterior á construción da presa.