Novas

Esta Alcaldía convocou o Pleno Municipal para sesión ordinaria que se celebrará no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Viana do Bolo ás 20:00 horas do día 30 de xullo 2020.

Ver máis

Pola presente publícase o resultado das baremación de méritos dos aspirantes no proceso de selección de dúas Brigadas de Prevención, Vixilancia e Defensa contra os Incendios Forestais. 
Os aspirantes propostos para a contratación en cada categoría deberán proceder á realización do Recoñecemento Médico e, en caso de superalo, da formación obrigatoria. O resto dos aspirantes integrarán unha lista de reserva por orde de puntuación.

Ver máis

Bando da Alcaldía con motivo da celebración do Día da Patria Galega.
 
Prema en "ver máis" para descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

Pola presente publícase a Resolución de Adminitidos no proceso de selección de 2 Brigadas de Prevención, Vixilancia e Defensa contra os Incendios Forestais.

Convócase ós aspirantes para a realización das probas da fase de oposición, que terán lugar mañá, xoves 23 de xullo, ás 08:30 horas no Campo de Fútbol As Carrelas. Deberá acudirse provisto de DNI, zapatillas deportivas e unha mochila cargada con 11 kg de peso.

Ver máis

Publicada no Perfil do Contratante do Concello de Viana do Bolo a convocatoria de licitación das obras de "Mellora e mantemento de camiños de acceso a fincas en Caldesiños e Seoane", cofinanciadas co Plan Marco de Mellora de Camiños municipais 2020-2021, cun Orzamento Base de Licitación de 60.445,55 (IVE incluído).

As ofertas poderán presentarse por medios electrónicos a través da ferramenta de licitación SILEX da Xunta de Galicia, até o vindeiro 29 de xullo ás 14:00 horas.

Ver máis

Pola presente dase publicidade á Convocatoria do Proceso de Selección de 2 Brigadas de Prevención, Vixilancia e Defensa contra os Incendios Forestais, coa seguinte composición:

  • 2 xefes de Brigada
  • 2 Peóns-Condutores
  • 6 Peóns de Brigada
 
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, a contar a partires de mañá, 15 de xullo. O prazo remata o vindeiro martes, 21 de xullo. Prema en "Ver máis" para descargar o Anuncio no BOP e as Bases da Convocatoria. Tamén poderás descargar o Modelo de Solicitude.

Ver máis

Pola presente publícanse as puntuacións do Tribunal de selección dos aspirantes como persoal laboral temporal para a realización selección dun Auxiliar Administrativo/a.


A aspirante seleccionada dispón dun prazo de 5 días naturais para presentar a documentación que acredite as condicións de capacidade e requisitos esixidos na Convocatoria (Anexo II), así como os documentos orixinais da documentación aportada na fase de valoración de méritos para o seu cotexo.

Prema en "Ver mais" para descargar a baremación do Tribunal en formato .pdf.

Ver máis

Pola presente publícanse as puntuacións do Tribunal de selección dos aspirantes como persoal laboral temporal para a realización selección dun Técnico/a de Información Turística, dun Oficial de 1ª de Albanelería e de dous Peóns.

O Tribunal acordou reunirse de novo o luns, día 6 de xullo, para a valoración dos méritos dos aspirantes á praza de Auxiliar Administrativo, cuxo resultado será publicado nos vindeiros días.

Os/as aspirantes seleccionados/as dispoñen dun prazo de 5 días naturais para presentar a documentación que acredite as condicións de capacidade e requisitos esixidos na Convocatoria (Anexo II), así como os documentos orixinais da documentación aportada na fase de valoración de méritos para o seu cotexo.

Prema en "Ver mais" para descargar a baremación do Tribunal en formato .pdf.
 

Ver máis

Pola presente publícanse as puntuacións do Tribunal de selección dos aspirantes como persoal laboral temporal para a realización da obra ou servizo denominada “Servizo Municipal para tarefas de biomasa e outras de valorización forestal” (APROL RURAL 2020).
 
Os aspirantes seleccionados deberán presentar antes da formalización do contrato a seguinte documentación:

  • Certificado médico de non padecer enfermidade ou limitación e defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.
  • Certificado da Conta Bancaria no que consten como titular.
 
Prema en "Ver mais" para descargar a baremación do Tribunal en formato .pdf.

Ver máis