ATÉ NOVO AVISO QUEDA PROHÍBIDO O CONSUMO DE AUGA POTABLE NO NÚCLEO URBANO DE VIANA DO BOLO.
A auga poderá utilizarse para fregar ou lavarse, pero non para consumo humano nin para cociñar.
Bando da Alcaldía informando sobre a situación actualizada da Residencia de Maiores e do Concello de Viana do Bolo. Voltamos a situarnos no Nivel 2 de Alerta, en tanto se confirman un total de 22 positivos.
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.
Bando da Alcaldía informando sobre a situación actualizada da Residencia de Maiores e do Concello de Viana do Bolo, que pasa a estar en Nivel 3 de Alerta, en tanto se confirman un total de 23 positivos.
Infórmase a veciñanza que o vindeiro luns, día 2 de novembro, a unidade móbil de Doazón de Sangue estará na Estación de Autobuses de Viana do Bolo de 17:00 a 21:00 horas.
Bando da Alcaldía informando sobre as novas medidas e restricións adoptadas como consecuencia da Declaración do Estado de Alarma, así como sobre a situación actualizada da Residencia de Maiores e do Concello de Viana do Bolo, que pasa a estar en Nivel 2 de Alerta.
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf. Tamén poderás descargar a nova normativa, e a Guía da Xunta de Galicia sobre as medidas actualmente en vigor.
Bando da Alcaldía actualizando a información sobre a situación da Residencia de Maiores da Terceira Idade de Viana do Bolo, na que se confirman un total de 12 positivos, 6 traballadores e 6 residentes.
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.
Bando da Alcaldía en relación ás novas restriccións aprobadas pola Xunta de Galicia, que entran en vigor hoxe, 22 de outubro, así como á situación actual no Concello de Viana do Bolo.
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.
Exposición Fotográfica "Moitas e Diversas", organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Viana do Bolo, para conmemorar o Día da Muller Rural 2020.
Unha exposición que pretende recoñer e agradecer a labor de todas as mulleres que formaron e forman parte da nosa vila e renderlles unha pequena homenaxe...
... porque as Mulleres do Rural somos “MOITAS E DIVERSAS”!!!
Bando da Alcaldía en relación a un positivo de CODIV-19 na Residencia de Maiores da Terceira Idade de Viana do Bolo, así como ás novas restriccións aprobadas pola Xunta de Galicia.
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.
A través do Servizo de Orientación Laboral, Técnica de Emprego e Servizos Sociais do Concello de Viana do Bolo, ofértase un curso de MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS impatido pola CRUZ VERMELLA e cun custo de 20 €.
Dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información á Muller (C.I.M) de Viana do Bolo, queremos celebrar o "Día da Muller Rural" recoñecendo e agradecendo con esta pequena exposición a labor de todas as mulleres que formaron e forman parte da nosa vila e renderlles unha pequena homenaxe.
Xa podedes gozar da exposición nos horarios que aparecen no cartel!
Con motivo da celebración do Día da Muller Rural o vindeiro 15 de outubro, o Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Viana do Bolo organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM), unha serie actividades co obxectivos de dar recoñecemento e visibilidade ao papel das mulleres vianesas.
As limitacións propias destos tempos complicados que estamos a vivir impidennos levar a cabo moitas actividades, pero con esta programación tratamos de reivindicar este destacado día minimizando os riscos para a poboación.
Esperamos a vosa participación!