Novas

Bando da Alcaldía relativo á Campaña de recollida de Plásticos Gandeiros que se porá en marcha no primeiro trimestre do vindeiro ano 2021. Prégase que, até entón, ditos residuos sexan debidamente almacenados nas respectivas instalacións.

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

Dende o Concello de Viana do Bolo estase a executar o proxecto "Rehabilitación de dous fornos (Penouta e Solbeira) e dun Muíño en Vilaseco da Serrra".

Esta actuación está co-financiada con cargo ás Axudas da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en Concellos incluídos na Rede Natura 2000 cofinanciados co Fondo FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (Orde do 26/12/2019).

Ver máis

Dende o Concello de Viana do Bolo procedeuse á execución do proxecto "Equipamento para a mellora da Casa da Cultura" consistente na instalación de equipamento escénico, de son e iluminación, e equipamento para a mellora da Biblioteca.
Esta actuación está co-financiada con cargo ás Subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinadas ó equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas Entidades Locais de Galicia (Orde do 31/12/2019).

Ver máis

Dende o Servizo de Orientación Laboral do Concello de Viana do Bolo infórmase á veciñanza dos novos medios para proceder á renovación da demanda de emprego, en vigor a partires do vindeiro 1 de xaneiro de 2021.

Ver máis

Dende o Concello de Viana do Bolo presentámosvos un Programa de Nadal adaptado ao momento no que vivimos. Un programa que trata de reflectir os valores que estas datas chaman ás nosas portas e que, por atoparnos nunha situación delicada, non debemos esquecer. Non obstante, o primeiro que hai que afirmar é que todas e cada unha das actividades programadas levaranse a cabo cunha exquisita minuciosidade en relación ás recomendacións sanitarias que existan no momento de levalas a cabo.A poboación de Viana do Bolo debe saber que pode asistir a cada acto programado coa tranquilidade de que se levarán a cabo as medidas oportunas para que poidan gozar destas máxicas datas sen medo. 
Porque é Nadal, porque nos gusta o Nadal.
Este programa é para ti.
Agardando que disfrutedes destas festas con ledicia, corazón e sobre todo responsabilidade. Non o esquezas, moita responsabilidade. Felices Festas. 

Ver máis


 Achégase o Nadal, unha época chea de maxia e diversión para a cativada da casa. Dende o Concello de Viana do Bolo temos preparadas multitude de actividades para facer deste un Nadal inesquecible... 🎄🎁☃️❄️🎅🤶
 Comezamos a programación de actividades infantís coa, xa tradicional, LUDOTECA DE NADAL!!! 🤩🥳
 

Ver máis

O Concello de Viana do Bolo patrocina unha Campaña de Apoio ao Comercio Local para concienciar á veciñanza da importancia de mercar nos establecementos comerciais de Viana. 
 

Ver máis

En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de confirmar que, a día de hoxe, 4 de decembro, contamos con 1 caso positivo no noso Concello.
 
Prema en "ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

A Xunta de Galicia vén de aprobar unha exención no Canon da Auga a determinadas actividades afectadas pola COVID-19. A exención será aplicable nos períodos de facturación comprendidos entre o 5 de novembro e ata a data en que se levante a declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego, sempre que os consumos realizados sexan iguais ou inferiores ao 25% do consumo realizado no período de facturación inmediatamente anterior ó 5 de novembro de 2020. Poderán beneficiarse:
a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías e bares.
b) Os seguintes establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
c) Hoteis e aloxamentos turísticos.
d) Albergues turísticos.

Ver máis

O Concello de Viana do Bolo vén de culminar o proceso de redación e elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable, a fin de dar cumprimento ós compromisos adquiridos como Concello firmante do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).  O Plan recolle un Inventario de Emisións de CO2, un Plan de Acción de Mitigación con 18 medidas para afrontar os efectos e riscos do cambio climático, e un Plan de Acción de Adaptación con 12 medidas que aspiran acadar unha redución das emisións do 40,94%.
O PACES será sometido á aprobación do Pleno da Corporación o vindeiro xoves, día 26 de novembro.
 
A redación deste Plan é posible grazas ó apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do programa Xacobeo 2021, ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER , a fin de dar cumprimento ó obxetivo "Frear o cambio climático".

Ver máis