Novas

Infórmase a veciñanza que o vindeiro luns, día 2 de novembro, a unidade móbil de Doazón de Sangue estará na Estación de Autobuses de Viana do Bolo de 17:00 a 21:00 horas.

Ver máis

Bando da Alcaldía informando sobre as novas medidas e restricións adoptadas como consecuencia da Declaración do Estado de Alarma, así como sobre a situación actualizada da Residencia de Maiores e do Concello de Viana do Bolo, que pasa a estar en Nivel 2 de Alerta
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf. Tamén poderás descargar a nova normativa, e a Guía da Xunta de Galicia sobre as medidas actualmente en vigor.

Ver máis

Bando da Alcaldía actualizando a información sobre a situación da Residencia de Maiores da Terceira Idade de Viana do Bolo, na que se confirman un total de 12 positivos, 6 traballadores e 6 residentes.

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

Exposición Fotográfica "Moitas e Diversas", organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Viana do Bolo, para conmemorar o Día da Muller Rural 2020.
Unha exposición que pretende recoñer e agradecer a labor de todas as mulleres que formaron e forman parte da nosa vila e renderlles unha pequena homenaxe...
... porque as Mulleres do Rural somos “MOITAS E DIVERSAS”!!!

Ver máis

A través do Servizo de Orientación Laboral, Técnica de Emprego e Servizos Sociais do Concello de Viana do Bolo, ofértase un curso de MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS impatido pola CRUZ VERMELLA e cun custo de 20 €.



Ver máis

Dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información á Muller  (C.I.M) de Viana do Bolo, queremos celebrar o "Día da Muller Rural" recoñecendo e agradecendo con esta pequena exposición a labor de todas as mulleres que formaron e forman parte da nosa vila e renderlles unha pequena homenaxe.
Xa podedes gozar da exposición nos horarios que aparecen no cartel! 

Ver máis

Con motivo da celebración do Día da Muller Rural o vindeiro 15 de outubro, o Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Viana do Bolo organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM), unha serie actividades co obxectivos de dar recoñecemento e visibilidade ao papel das mulleres vianesas.
As limitacións propias destos tempos complicados que estamos a vivir impidennos levar a cabo moitas actividades, pero con esta programación tratamos de reivindicar este destacado día minimizando os riscos para a poboación. 
Esperamos a vosa participación! 

Ver máis

Convocado polo Concello de Viana do Bolo, a través de la Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, o pasado luns 5 de outubro celebrouse o fallo do concurso fotográfico ‘Mulleres de Viana en primeira plana’. Un certame que buscaba instantáneas nas que puideran apreciarse os valores, que acompañan ás mulleres vianesas, como son o esforzo, compañeirismo, traballo en equipo, compromiso, entre outros.
A esta edición presentáronse un total de 13 fotografías firmadas por 8 autores e autoras, procedentes de distintos lugares. O xurado estivo presidido por la Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, Ramona García Méndez; e contou coa participación de Estela Barone, fotógrafa profesional, Rosa María Estévez, mestra de artes plásticas no CEIP Bibei; Jesús Salgado, periodista e Sara Feijóo, do “Centro de Información á Muller” de Viana, que actuou  como Secretaria.
O primeiro premio se  foille adxudicado a Paulo Joaquín García Eléxpuru, pola súa obra “A cuba do esforzó”
O segundo premio  foi para Clara Ortega Fernández, pola súa obra “Pastora”
O terceiro premio recaeu en Cristina Fernández Hernández,  pola súa obra “Paseo nas nubes”
Cada un deles recibirá 300, 200 e 100 euros, respectivamente e un agasallo
Dendo o Concello agradecemos a todas as persoas que participaron no concurso a súa aportación. 

Ver máis